OS DATOS DO DÍA
Mércores, 8 de Abril de 2026
CONVÉRTETE Á ORACIÓN
C O R E S M A

Orar é abrirse, deixarse invadir pola presencia do Ser, que é Amigo. Orar é entrar dentro de ti mesmo. E entrar na dimensión de Deus, que se fai presente nas demais persoas, nos acontecementos da vida, na natureza toda. Orar é deixarse interpelar pola Palabra de Deus, que se fixo vida en Xesús.

Para poder orar, necesitas:

PODAR cantidade de apegos e desviacións. Os excesos no ter, no comer, no pracer, adurmiñan, atoan a sensibilidade e impiden o encontro co trascendente.

SILENCIAR. Os ruídos, as distraccións, as preocupacións, impiden oí‑la Palabra. O silencio exterior e interior axudan a entrar no misterio.

CONCENTRAR. Estamos esparexidos, preocupados por tantas cousas, divididos en moitas partes, ás veces rotos. Fáltano-lo tempo, só temos présa. Así non podemos orar.

É cuestión de pacificarse. É cuestión de relativizar e buscar prioridades. A Coresma pódeche axudar a compender que só unha cousa é necesaria: Deus.

Poñer a Deus no primeiro lugar é comezar a podar todo aquilo que hai en nós que nos impide poñernos en contacto con Deus; nunha palabra, que nos impide orar.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que estás disposto a podar na túa vida para que Deus vaia gabándose dela?

Que cousas che impiden escoitar a Deus?

ORACIÓN

Cada mañá saes á solaina

e albísca-lo o horizonte

por ver se volvo.

 

Cada mañá baixas saltando as escaleiras

e botas a correr polo campo

cando me adiviñas ó lonxe.

 

Cada mañá córtasme a palabra,

abalánzaste sobre min

e rodéasme cun abrazo redondo

dicíndome ó oído, con voz de primavera:

Hoxe podes comezar de cero.

 

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!