OS DATOS DO DÍA
Xoves, 9 de Abril de 2026
BENAVENTURANZAS DA CONVERSIóN
C O R E S M A

Convertédevos e estreade cada día un corazón novo para Deus e para os demais. Déixate "atopar" por Xesús. Moitas persoas que se encontraron con Cristo, convertéronse.

María, ó dicir "si" ós planos de Deus, converteuse en Nai de Deus.

Paulo respondeu ó seu encontro con Cristo: ")Quen es, Señor?...)Que queres que faga"? Feitos 22, 1‑10.

Pedro, ó atoparse con Xesús dixo: "Señor, apártate de min que son home pecador". Lc.5,1‑11

Zaqueo, cando se atopou con Cristo, formulou así a súa conversión: "Señor, dou a metade dos meus bens ós pobres, e se a alguén defraudei en algo, devólvolle o cuádruplo" Lc.19,1‑ 10

No longo e saboroso encontro coa samaritana, esta díxolle: "Señor, dáme desa auga para que non volva a ter sede" Xoán 4, 15. Toda persoa que poida formular: "só Deus basta", está convertido.

O cego de Xericó, despois de atoparse con Xesús que o curou, "seguiuno glorificando a Deus" (Lucas 18, 43). En todo aquel que glorifica a Deus produciuse unha profunda conversión.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Converterse e virarse cara a Deus, é deixa‑lo home vello, é estar dispostos a comezar sempre de novo.

Cal é a conversión máis urxente que tes que facer en ti?

Supéraste ou renunciaches a todo esforzo?

ORACIÓN

FELICES os que acolledes con novidade

o "convertédevos" de Xesús de Nazaret,

porque estrearedes cada día un corazón novo.

 

FELICES os que en todo reaccionades

como o faría Cristo,

porque a ledicia asolagará o voso ser.

FELICES os que vos considerades

mortos ó pecado e levades nova vida,

porque seréde-la certeza

de que Cristo resucitou.

 

FELICES os que prestades

tódolos días a Xesús un corazón

para que "siga amando sen falsificacións",

porque a vosa conversión é "real e auténtica".

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!