OS DATOS DO DÍA
Mércores, 8 de Abril de 2026
AMORODOS

Ola amigos. Xesús resucitou, e estamos contentos e felices. Existen algúns lugares que
cando están moi contentos, celébrano compartindo froita, porque a froita é un agasallo
da natureza e a natureza a creou Deus. Por iso nós, nestas semanas, imos sentirnos
felices, e imos compartir froita. Hoxe tócanos o amorodo. É unha froita boísima que con
nata está de lamber os dedos... O amorodo ten unha cor intensa, son pequenas pero
teñen un bo sabor. Nós tamén somos pequenos e queremos ofrecer aos que están ao
noso redor un bo sabor. Pois nada, amigos, ánimo, e a saber como persoas de bo sabor.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como podemos ser persoas que dean bo sabor ao noso redor?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas polo novo día. É unha oportunidade para descubrirte. Como os
amorodos queremos ser persoas que poñan bo sabor á vida, que saibamos contaxiar
alegría, ilusión, traballo, esforzo... Grazas Señor, por esta oportunidade.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!