OS DATOS DO DÍA
Xoves, 9 de Abril de 2026
MANGO

Bos días rapaces. Hoxe a froita que nos vai facer reflexionar é o MANGO. Imaxínome
que non sabedes que o mango é orixinario da India. Utilizábano cando unha persoa
estaba moi débil, mesmo para cando se estaba triste por algunha razón. O mango levanta
o ánimo a todos. Hoxe tamén, convídote a estar atento para levantar o ánimo aos teus
compañeiros e amigos. Intenta ser como o mango, e cambiar a cara seria de quen vexas
triste. Feliz día.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como podemos alegrar os nosos compañeiros que están tristes?

ORACIÓN

Grazas Xesús polo novo día que comeza. Queremos estar alegres, queremos gozar da
vida que nos regalaches, e esa alegría querémola contaxiar aos que están preto, e sobre
todo, aos que están tristes.
Axúdanos a realizalo. Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!