OS DATOS DO DÍA
Mércores, 8 de Abril de 2026
O MILAGRE DE COMPARTIR

A quen agrada un favor feito con mala cara? Certo mendigo pediu de comer na casa dunha persoa rica. Saíu a muller e deulle rosmando un prato de sopa. Seguiu engadindo malos modais. Como o mendigo se puxo triste e case se botou a chorar, preguntoulle a muller un pouco estrañada:

            - E logo, fáltalle algo á sopa?

            - Si, contestoulle o mendigo, falta o condimento que máis se aprecia: a boa cara e a boa vontade.

    Cóntannolo os evanxelistas: as persoas seguían a Xesús e escoitaban o que ensinaba. Estaban dous ou tres días con el e moitos quedaban sen comida... pero ..."había alimento para todos e sobraba"

     No capítulo sexto do evanxeo de Xoán fálasenos dun mozo que tiña cinco pans e dous peixes, e cómo os puxo nas mans de Xesús. Alí realízase o milagre, o milagre do COMPARTIR. Os alimentos chegan para todos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como andamos de xenerosidade? ¿Sabemos compartir algo do noso?                  

Ofrecemos as nosas preocupacións, alegrías, ilusións e arelas a Xesús?

 
ORACIÓN

Eu ofrézoche, Señor, na miña pregaria

o traballo de cada día

e toda a enerxía que dá a miña suor.

 

Ofrézoche, Señor o meu traballo enteiro,

os esforzos dos meus brazos,

o vivo entusiasmo do meu corazón.

 

As nosas mans sempre abertas

e sempre dispostas a traballar,

as nosas sinxelas palabras

que proclaman ledas a túa bondade;

os nosos firmes desexos

de que o mundo camiñe en paz.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!