OS DATOS DO DÍA
Luns, 20 de Abril de 2026
DUNHA VIDA VULGAR A UNHA VIDA NOBRE

A palabra "nobre" lémbranos os títulos, o "sangue azul", algo que se herda por pertencer a unha determinada familia. A orixe destes títulos non foi esa.

            Nomear "nobre" a un era recompensar un xesto esforzado, tido nunha situación difícil, ou recoñecer os anos de traballo e servizo abnegado.

     Mirado así, nobre, no seu xenuíno sentido, non son os duques, condes e marqueses de hoxe, senón:

    O labrego que, día tras día, con sol ou con chuvia, se esforza en coidar a terra da que saca o alimento.

    O mariñeiro, que sae ao mar a busca lo peixe que é sustento para a súa familia.

     O albanel, que pon en perigo a súa vida no alto da estada.

     A enfermeira amable e servizal, que atende cun sorriso.

    En xeral, todos aqueles que viven con ilusión e esforzo e axudan os demais.

    Vida vulgar é:

     A do "parasito" que pensa que todo lle ha de ser dado; a do escravo da moda e do que dirán; a do que non ten ideais nobres, nin se entusiasma por nada, a do que pasa de todo e vive á custa dos demais    

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que clase de vida levas: nobre ou vulgar?

Que podemos facer para que a nosa vida sexa nobre?

ORACIÓN

Xesús, Ti es luz para o meu camiño,

¿a quen hei temer se ti vas comigo?

 

Seino de sobra: seguirte é duro;

¡hai tantas cousas cómodas ao meu lado!

Eu sei que se me deixo levar por elas

amarraranme ata quitarme a liberdade.

 

Eu sei que, se te sigo e me fío de Ti,

os obstáculos do camiño

caerán como follas de outono.

 

Unha cousa che pido e busco, Señor:

vivir unido a Ti e terte como amigo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!