OS DATOS DO DÍA
Martes, 21 de Abril de 2026
DO AGUANTAR AO ACEPTAR A TODOS

Cando o Señor nos reúna para avaliar as nosas vidas, diranos:

 

            . Eu era novo no grupo, e vós non me acollestes.

            . Eu era tímido, e vós rístesvos de min.

            . Eu necesitaba que me botasen unha man, e vós fostes de paseo.

            . Eu quería dicir o que pensaba, e vós non me quixestes escoitar.

            . Eu ía facer un disparate, e vós non vos atrevestes a dicirme que estaba enganado.

            Porque como dixo Xesús:

            O que lles fagades a un destes meus irmáns, estádesmo facendo a min.   

            Como compañeiros da clase que somos, e máis sendo cristiáns, non podemos desentendermos uns dos outros. Imos no mesmo barco, que cheguemos a bo porto depende de todos.

            Se só nos "aguantamos" uns aos outros, a travesía será difícil. Temos que aceptarnos e axudarnos mutuamente todo o que poidamos. Buscar o ben uns dos outros é o que Xesús nos pide.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Estou marxinando a algún compañeiro?

Cando e a quen?

Poño todas as miñas calidades ao servizo da clase?

ORACIÓN

Eu cría que a felicidade estaba

na lei do mínimo esforzo,

pero ti, Señor, ensináchesnos:

 

A ledicia que proporciona

unha entrega xenerosa.

O gozo que se sente axudando a

Solucionar os problemas dos demais.

 

A paz que se experimenta cando

respectamos, aceptamos,

comprendemos e axudamos a todos.

 

Fai, Señor, que poñamos por obra

o teu exemplo e as túas ensinanzas.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!