OS DATOS DO DÍA
Mércores, 22 de Abril de 2026
DÍA DO LIBRO (23-IV)

É curioso con qué naturalidade consideramos eses diminutos signos negros cos que enchemos os papeis: 23 trazos diferentes, dispostos en incontables combinacións chamadas palabras; carentes de vida ata que a mirada de alguén se pousa neles.

A través do nervio óptico, case á velocidade da luz, os minúsculos símbolos dispáranse cara ao cerebro, onde son interpretados e vólvense ideas, imaxes, conceptos, emocións, significados...

Quen os mira tamén experimenta transformacións. Poden facernos sentir amor ou odio, risa ou pranto, loita ou evasión.

A palabra falada flúe e pasa fugazmente, pero a escrita queda...  perdura no tempo.

O libro está sempre esperando. Quere deixar de ser obxecto decorativo para amosar a vida que leva dentro e que só o lector pode apreciar.

Cando un non come, sente fame; cando non se bebe, séntese sede; senón dormes vénche o sono... pero se non se le, non se sente a necesidade de facelo, e cada vez tense menos ganas de ler. É necesario que abramos este caudal inmenso de cultura. Ao comezo custarache un pouco, pero logo encherate de satisfacción. Paga a pena! Anímate! Le!

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

O libro é "un bo amigo do home". Sentes afección pola lectura? 

Que facer para desenvolver en nós esta afección? 

Que tipos de lecturas prefires? Cando e como soes ler?

ORACIÓN

A túa palabra, Señor, é eterna, 

máis estable có ceo;

a túa fidelidade permanece 

de xeración en xeración,

igual que a terra que ti fundaches.

Amósame o camiño das túas leis

e seguireino puntualmente.

Lámpada é a túa palabra para os 

meus pasos, luz no meu vieiro.

A palabra de Deus é vida,

a palabra de Deus é amor.

Consolo nos intres de tristura,

alento e forza nos momentos de dor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!