OS DATOS DO DÍA
Xoves, 23 de Abril de 2026
SAN MARCOS, EVANXELISTA (25-IV)

San Marcos é o autor do segundo Evanxeo. Parece ser que Marcos foi o intérprete e redactor da Boa Nova anunciada por Pedro. Logo foi bispo de Alexandría e morreu alí, mártir.

Sen embargo, máis que interesarnos por Marcos, imos  afondar no Xesús que nos describe este evanxelista.

O Xesús de Marcos é un home; un home que non o sabe todo, que ignora de que falan os seus discípulos... É o "fillo do home", como nos lembrará 14 veces nos seus escritos.


O Xesús de Marcos é un "home-con". O seu primeiro acto é chamar e escoller a 12 para "estar con el". O Xesús de Marcos é o "home mestre", que ensina, que predica que "o Reino de Deus está preto".

O Xesús de Marcos é o "Mesías crucificado", contra as esperanzas politizadas de moitos, o Reino de Deus non é unha realidade soamente terrea, senón que vai máis alá.

O Xesús de Marcos é o "Fillo de Deus", aparece como o cume da fe o que este evanxelista quere levarnos. Dío na introdución e proclámao o centurión ao pé da cruz.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cal é a túa imaxe de Xesús? Como transmites a "Boa Nova"?

Con que frecuencia les o Evanxeo? É para ti un libro de cabeceira?

ORACIÓN

Señor Xesús:

Nós coñecémoste 

porque te nos manifestaches 

a través dos que viviron 

e intentan vivir coma ti. 

Concédenos a afouteza suficiente 

para ser as túas testemuñas 

e proclamarte no noso mundo. 

Que saibamos vivir a túa mensaxe 

coas nosas acción de cada día, 

para que ao ver as nosas obras

a xente crea en Ti, Cristo resucitado,

e se estenda o teu Reino de amor,

de xustiza, de ledicia e de paz.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!