OS DATOS DO DÍA
Luns, 20 de Abril de 2026
DÚAS HISTORIAS
C O R E S M A

A) Unha muller soñou que entraba nunha tenda recén inagurada na praza do mercado e, para a súa sorpresa, descubriu que Deus se atopaba tralo mostrador.

- )Que vendes aquí?, preguntoulle.

- Todo o que o teu corazón desexe, respondeu Deus.

Sen atraverse case a cre‑lo que estaba oíndo, a muller dedicouse a pedi‑lo mellor que un ser humano podería desexar: - Desexo paz de espírito, amor, felicidade, sabedoría e ausencia de todo temor, dixo.

E logo, tras un intre de vacilación, engadiu:- non só para min, senón para todo o mundo. Deus sorriu e dixo: -Creo que non me comprendiches, querida. Aquí non vendemos froitos. Unicamente vendemos sementes.

B) Un xove compositor acudiu en certa ocasión a Mozart para que lle dixese como desenvolve‑lo seu talento. - Aconsellaríalle a vostede que comezase por cousas sinxelas, díxolle Mozart. Cancións, por exemplo.

-(Pero vostede compoñía sinfonías cando aínda era un neno...!, protestou o outro.

- É moi certo. Pero eu non tiven que acudir a ninguén a que me dixese como desenvolve‑lo meu talento.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que quere dicir que "aquí unicamente vendemos sementes"?

Comenta a frase "Aconsellaríalle a vostede que comezara por cousas sinxelas".

ORACIÓN

Dános entusiasmo

para busca‑la verdade onde se atope.

Dános resignación

para acepta‑las nosas limitacións.

Dános coraxe

para loitar cando todo nos sae mal.

Dános lucidez para admiti‑la verdade

sin que ninguén nola impoña.

Dános forza

para preferi‑lo difícil ó fácil.

Dános ilusión para comezar sempre de novo.

Dános valor para rexeita‑lo vulgar e o mesquiño.

Todo isto che pedimos, Deus, Amigo noso.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!