OS DATOS DO DÍA
Martes, 21 de Abril de 2026
ONDE ESTÁ A SOLUCIÓN?
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A    D E LOITA CONTRA A    F A M E

Ó enfoca-lo duro problema da fame, da necesidade de axuda a tantos que viven en situacións infrahumanas, escapóusenos moitas veces a nosa minusvaloración do pouco que poden supoñer pequenas axudas fronte a un problema de tales dimensións.

Os criterios valorativos de Xesús eran outros: "Sentou enfronte da Sala do Tesouro, e observaba como a xente ía botando diñeiro no cepillo; moitos ricos botaban cantidade. Acercouse unha viúva pobre e botou uns cartos.

Chamando ós seus discípulos, díxolles: Esa viúva, que é pobre, botou no cepillo máis que ninguén, asegúrovolo. Os outros botaron do que lles sobraba, mentres que ela botou do que necesitaba para vivir".

Está claro. Espera-la solución dos que "poderían" é renunciar á solución. Se ti aportas, el aporta, se nós aportamos, contribuiremos a que a situación mellore. E, se as "multi" aportasen? Sería unha boa oportunidade para crer nos milagres.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cal é a túa opinión sobre os modos de solución?

Estás disposto a preguntarte polos teus gastos superfluos e en que vai consisti-la túa axuda?

ORACIÓN

Señor, Ti creáche-la nosa condición humana,

coñécela mellor que ninguén.

Sabes das nosas arelas de grandeza,

das nosas cobizas e protagonismos,

dos nosos radicalismos xuvenís.

 

Dános un corazón sinxelo e bo

que nos axude a ama-lo pequeno,

a entregarnos con fe e ilusión

ó que somos capaces de realizar.

Que non nos neguemos nunca

a ofrece-lo pouco que poidamos

a quen vemos necesitado.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!