OS DATOS DO DÍA
Mércores, 22 de Abril de 2026
OS POBRES, A NOSA UNIVERSIDADE
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A    D E LOITA CONTRA A    F A M E

Entón dirá o Señor ós da súa dereita:

- Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herdanza do Reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme; estiven en coiro e vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e viñéstesme ver.

Entón preguntaranlle os xustos:

- Señor, )cando te vimos famento, sedento, forasteiro...?

O Señor contestaralles:

- Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo. (Mt 25, 34-40)

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Coñecemos algunhas persoas necesitadas?

Preocúpanno-los pobres máis cercanos a nós?

Que compartín eu nos dous últimos meses?

Agora mesmo: decídome a compartir algo?

Que?

ORACIÓN

Pai, dános hoxe e cada día o noso pan,

o pan recén amasado e que quita a dor.

O pan compartido e feito anacos nas mans

que a penas ten frangullas sen ningún sabor.

 

Dáno-lo pan, como llo deu o teu Fillo

ós seus amigos na derradeira Cea,

o pan da solidariedade e da unión.

 

Dáno-lo pan de vida, pois o corazón

non se sacia con cousas que só tocan a pel

senón coas que chegan ó fondo das persoas.

Pai, dános comparti-lo bola grande co irmán

e sentalo á mesa con mantel branco,

no comedor da nosa fraternidade.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!