OS DATOS DO DÍA
Martes, 21 de Abril de 2026
A ESTRELA LASALIANA

Bos días a todos e benvidos un día máis á clase. Comezamos un novo martes e, por suposto, toca lasaliano. Hoxe queríavos falar da ESTRELA LASALIANA, e, por que; pois moi sinxelo: a estrela lasaliana é o símbolo por excelencia de La Salle. Se vos fixastes, en moitos sitios do cole, mesmo no chándal, aparece “A ESTRELA”, “SALLE”. Débese isto a que a estrela é algo que nos caracteriza desde sempre. A Estrela La Salle ten 5 puntas, xa que nos 5 continentes do noso mundo hai escolas de La Salle, e todos, a pesar de estar preto ou lonxe en países moi, moi lonxe... sentimos o mesmo agarimo polo proxecto La Salle e por San Xoán Bautista de La Salle. A estrela tamén leva unhas letras nun idioma que xa non se utiliza, o latín. Pon: INDIVISA MANENT, que se traduce por permanecer unidos. Significa que, igual que na estrela as 5 puntas están sempre unidas, todos os lasalianos, empezando por nós, debemos sentirnos unidos, axudarnos, respectarnos, querernos... Pois ben, que como a estrela, no día de hoxe e sempre, sexamos capaces de facer realidade o seu significado: seremos capaces? FELIZ DÍA A TODOS.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Entendiches o significado da estrela lasaliana? Podes explicalo? Que significa INDIVISA MANENT?

ORACIÓN

Amigo Xesús, neste día que comeza queremos sentirnos estrela, queremos sentirnos unidos e membros dunha mesma familia. Grazas por San Xoán Bautista de La Salle porque co seu exemplo, aprendemos que sempre é mellor estar unidos que separados. Que o lema INDIVISA MANENT sexa para nós algo que levemos gravado no corazón, porque sempre poderemos dicir que permanecemos unidos. Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!