OS DATOS DO DÍA
Mércores, 22 de Abril de 2026
O LOBO E A RATA

O lobo meteuse a sermonar á rata, dicíndolle que era mal animal porque, sen ningunha vergoña, non facía outra cousa senón roer sacos, caixas, pan, queixo, carne e todo o que atopaba.

Respondeu a rata: Señor, como me sermonas a min, se ti es o maior devorador da terra e fas cosas cen veces peor ca min? Dáste conta de que cando eu me como un queixo, ti degolas un cordeiro ou máis, en canto eu me poño a roer un saco, ti bébeste o sangue de cincuenta ovellas... Mellor estarías calado, porque ti tes un gran pecado de gula e de violencia, e eu soamente un pouco de gula. Cóntase que o lobo se foi avergoñado dicindo: Se me calase, non tivese que oír as miñas malas falcatruadas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que é mellor na vida o falar ou o actuar? E as dúas cousas á vez? Gústache dar consellos? A quen? En que momentos falas demasiado? Cos amigos, na casa, na clase?

ORACIÓN

Ensínanos, Señor, a ser prudentes; ensínanos a non mirar os defectos dos demais, senón a axudar os outros na súas necesidades. Ensínanos a saber recoñecer os nosos propios erros, e que sempre, sempre, sempre... saibamos perdoar e comprender os demais. Grazas Xesús por este novo día.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!