OS DATOS DO DÍA
Xoves, 23 de Abril de 2026
O lapis, a goma e o afialapis
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

NON HAI AMOR MAIOR NIN HAI DITA MAIOR

QUE GASTARSE POLOS DEMAIS

NARRADOR: Había unha vez un lapis moi fermoso que vivía nunha librería moi fermosa. Había alí tamén outros lapis. Todos desexaban ser vendidos e soñaban co neno ou a nena que sería o seu amo. Todos, menos o noso lapis que, aínda que era tan fermoso, non quería ser vendido. Cada vez que entraba un comprador, o lapis escondíase debaixo das gomas de borrar e os afialapis, que tamén vivían no escaparate.

Un día entrou un neno. Ía co seu pai. Pediu un lapis, e o noso amigo intentou agocharse, coma sempre. Pero o neno dixo:

NENO: Papá, quero este lapis.

NARRADOR: A señora da tenda dixo:

SEÑORA: Agora mesmo cho dou, bonito.

NARRADOR: E o lapis veuse collido polo pescozo. E pensou:

LAPIS: ¿Que vai ser de min?

NARRADOR: O neno púxoo no estoxo coa goma e o afialapis e foi contento para o colexio. Polo camiño, o lapis ía moi serio. A goma decatouse e díxolle:

GOMA: Non che pega estar tan serio.

LAPIS: É que non quero estar aquí dentro. Estaba moito máis tranquilo na tenda.

GOMA: Estarás ben e serás unha grande axuda para este neno; contigo poderá escribir e debuxar.

LAPIS: ¡Que cousas dis! Se escribe e me usa, gastareime. Non teño nin un chisco de ganas de cansarme nin de gastarme.

NARRADOR: O afialapis dixo:

AFIALAPIS: Non penses así. Es un bo lapis e tes que axudar, tes que gastarte para ser o que es.

LAPIS: E cando me gaste a punta ¿ti afiarasme? E cando o neno escriba e se engane, ti ¿borrarasme? ¡Non quero ser un bo lapis! ¡Quero volver á tenda!

NARRADOR: Falando, falando, chegaron ao colexio. O neno sacou o lapis do estoxo e empezou a copiar o que o profe de mate escribira no encerado. Soou o timbre para o recreo e o neno foi xogar ao patio cos seus amigos. O lapis aburríase. Axiña tería que afialo, pois estábaselle acabando a punta.

LAPIS: Non te creas que me vou deixar afiar.

NARRADOR: Iso díxollo ao afialapis, que o estaba mirando.

AFIALAPIS: Terás que facelo. Se te gastas con amor serache máis fácil e estarás máis contento. Quizais ese é o segredo da felicidade.

 

NARRADOR: A goma, que estaba moi atenta, dixo:

GOMA: Mira, eu tamén me gasto de tanto borra que borrarás. Pero fágoo con amor porque sei que, grazas a min, o noso amigo pode rematar ben os seus traballos. E voume gastando. Pero gústame facelo porque quero moito ao noso amigo. Non recibo nada a cambio, pero abóndame con velo feliz.

NARRADOR: O lapis estaba cada vez máis aterrado. O afialapis díxolle:

AFIALAPIS: Pensándoo ben, é bo que che afíe a punta. A letra do noso amigo será máis fina.

NARRADOR: O recreo rematara. Chegou o neno. Colleu o afialapis cunha man e o lapis coa outra e foi cara a papeleira. O lapis pensou:

LAPIS: Chegou a miña hora.

NARRADOR: A punta saíra perfecta e o neno volveu satisfeito ao seu sitio. O lapis díxolle á goma:

LAPIS: Apenas me dei de conta. Pensei en facer feliz a este neno, aínda que cada día me vaia facendo máis pequeno.

NARRADOR: Aquel día o lapis dera o mellor de si mesmo para o neno e iso fíxoo feliz. Tamén a goma se ía gastando. E chegou un día no que se gastaron de todo. O afialapis, triste e alegre ao mesmo tempo, oíu que o neno dicía:

NENO: ¡Foron o lapis e a goma mellores que tiven.

ORACIÓN

PREGARIA: GRAZAS POR XESÚS

 

Dámosche gracias, Pai, por Xesús,

que foi para todos nós bo Pastor

que deu a súa vida por todos nós

dunha maneira simple e verdadeira.

Dámosche gracias tamén

porque non fuxiu cando veu o lobo,

cando veu o cacique prepotente,

porque el nos amaba,

e non andaba ó carta e ó proveito propio.

Dámosche gracias, Pai, por Xesús                                                                                           porque nos coñece a fondo,

un a un e todos xuntos coma irmáns,

e porque nos abriu as portas do seu corazón

e da súa vida para que entremos alí

a gozar do amor vigoroso de Deus mesmo.

Dámosche gracias, Pai,                                                                                                pola liberdade de Xesús,

pola súa capacidade fonda

de dar a vida polo pobo,

polo seu amor e a súa loita entrañable.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!