OS DATOS DO DÍA
Luns, 4 de Maio de 2026
LA SALLE: RESPOSTA A UNHA NECESIDADE
S E M A N A L A S A L I A N A

Tódalas épocas tiveron as súas cousas boas e as súas miserias.

Francia, S.XVII. Reinado do Rei Sol. Esplendor entre os ricos e miseria entre os pobres. En definitiva, un mundo triste.

Pero existe aínda unha tristeza maior: a incultura: o abandono máis completo dos nenos e mozos das clases baixas: artesáns e campesiños.

Incultura que se traduce na imposibilidade de saír desa situación: nacían pobres e non tiñan outra solución que resignarse a seguir séndoo.

Neste ambiente, nace e vive Xoan B. de La Salle. Pertence á nobreza; a súa fortuna permítelle o ritmo social dos acomodados. Nunca pensou dedicarse á ensinanza; a súa soa idea dáballe medo.

Pero foi un home aberto a Deus, e Deus, de maneira suave, a través dos acontecementos, algúns casuais, vaino conducir. El déixase levar pouco a pouco... É a resposta a unha necesidade, á realidade que observa ó seu redor.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que idea te fas de Deus?.

Un Deus distante ou un Deus que está presente na realidade dos homes?

Pensaches algunha vez que ti es un elo desa cadea, que une ós homes con Deus.

ORACIÓN

Señor, ofrézoche o meu traballo neste día;

que o meu esforzo

sirva para a felicidade dos demais,

que me axude a min

a atopa-la miña propia paz.

Que co meu traballo

sexa capaz de axudar á construcción

dese mundo polo que loitamos.

Que o meu esforzo sexa fecundo;

que a miña acción

sexa coma un agasallo para todos.

Señor, recibe acolle o meu traballo.

Axúdame a enchelo de entrega,

de xenerosidade, de verdade e de amor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!