OS DATOS DO DÍA
Luns, 4 de Maio de 2026
NÓS OS LEPROSOS
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

S E M A N A    V O C A C I O N A L

Na vida do beato Damián de Veuster hai unha escena estarrecedora. É cando se despide de súa nai, no seu pobo de Flandes, para non verse endexamais na terra. Mais esta escena só foi a primeira. Toda a súa vida foi un rosario ininterrompido de xestos heroicos.

Logo de cinco meses de navegación chegou ás illas Hawai, en medio do Pacífico, e encerrouse para sempre en Molokai, a illa dos leprosos.

A illa era un inferno, pero el levoulles consolo e converteuna, no posible, nun paraíso. Non se concedía un minuto de descanso. "Gastareime e desgastareime por vós." Era para eles sacerdote, médico, enfermeiro, constructor.

Proporcionoulles alimento, bebida, roupas, aloxamento, menciñas, acollida cordial. "Fágome débil cos débiles... )Quen enferma sen que eu enferme?"

"Un pai  -dicía cando lle aconsellaban marcharse para non contaminarse da lepra- debe permanecer ó lado dos seus fillos." E rematou converténdose en leproso coma eles. Ó principio podía dicirlles: "Vós, os leprosos..." Ó final dicía: "Nós, os leprosos".

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

O mellor don que un home pode ofrecer ós seus semellantes é a súa propia vida.

Que xestos de entrega da túa vida estás realizando en favor da túa familia, compañeiros, dos máis necesitados do teu contorno?

ORACIÓN

Xesús: Ti dixéchesnos que

o que garda a súa vida pérdea,

e o que a entrega por ti gáñaa.

Fainos senti-la felicidade

que se experimenta cando un entrega

a súa vida por outros.

 

Axúdanos a comprender

que é máis persoa, máis humano,

o que máis útil é ós demais.

Dános forzas para ser capaces

de acabar co egoísmo que nos impulsa

a garda-la nosa vida e nos impide

abri-las nosas portas a quen poida necesitarnos.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!