OS DATOS DO DÍA
Martes, 5 de Maio de 2026
DÍA DO TRABALLO (1-V)

"Sobre o leito de morte do meu pai xurei matarme pola clase obreira, e por nada do mundo faltarei a ese xuramento". Así falaba monseñor Cardjin.

Esa foi a súa idea vertebral e esta é a súa vida: atopou unha sociedade onde a clase obreira estaba condenada, desde os catorce anos, a unha sistemática dexeneración, embrutecemento e atrofia moral e relixiosa.

Sobre unha dobre coordenada apoiará o seu método: transforma-la vida penosa do obreiro dentro do seu marco social, ambiente, familia, barrio, fábrica, diversións; e facer tomar conciencia ó adolescente que tódolos aspectos da súa vida persoal, familiar, social, profesional encaixan adecuadamente nunha vocación e ideal humano e cristián, da que son responsables.

En 1924 consolídase a XOC en Bélxica e París; e poucos anos despois, en 1935, máis de 100.000 mozos obreiros participaban no Congreso de Bruxelas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Coñeces algúnha asociación que se preocupe dos problemas da mocidade traballadora?

Cal é a túa visión do traballo? )Con que ánimo te dedicas a el?

ORACIÓN

Noso Pai que estás na terra

desvelado polos nosos desvelos

hoxe o teu nome nos sabe a xustiza,

sabe a esperanza e a gloria o teu reino.

Noso Pai que estás na rúa

entre o tráfico, o ruído e os nervios;

que se cumpra, Señor a túa palabra

o mesmo na terra que arriba no ceo.

Noso Pai que súas a diario

na pel do que arrinca o sustento,

que a ningún nos falte o traballo,

o pan compartido e o teu alento.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!