OS DATOS DO DÍA
Martes, 5 de Maio de 2026
MES DE MAIO, MES DE LA SALLE

Bos días a todos: Hoxe é martes, e polo tanto facemos o martes lasaliano.
Recordades que os martes deste curso dedicámolos a coñecer un pouco máis a
San Xoán Bautista de La Salle. Seguro que xa sabemos cousas da súa vida:
alguén pode dicir cousas das que se acorde? DEIXAMOS UN TEMPO PARA
QUE PARTICIPEN. Pois ben, é importante ir coñecendo a Xoanba, porque
para nós é unha persoa importante. Grazas a el, hoxe estamos educándonos nun
colexio de La Salle, e sobre todo, podemos sentirnos membros da familia de La
Salle, LASALIANOS. Nestas semanas imos ou celebrariamos xa a La Salle,
porque é a SEMANA LASALIANA. O día 15 celebramos a festa de San Xoán
Bautista de La Salle e por iso collemos toda a semana para prepararnos e vivila
con intensidade. Pois nada amigos, a ser Lasalianos e a celebrar a festa do noso
Fundador. Por certo, sabedes algún himno de La Salle? Quizais sexa un bo
momento para repasalo ou para aprendelo. Ánimo e a prepararnos ben.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Por que é importante para nós San Xoán Bautista de La Salle?
Como podemos celebrar a súa festa na clase?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas por San Xoán Bautista de La Salle e por poder aprender
nun colexio de La Salle. Temos a sorte de sentirnos Lasalianos e como nunha
familia, porque nos une Xesús e nos une Xoanba. Que de verdade sempre
sintamos o amor que nos regalan ambos e saibamos contaxialo aos que nos
rodean: compañeiros, amigos, profes, Irmáns, familia... Grazas, Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!