OS DATOS DO DÍA
Mércores, 6 de Maio de 2026
MAIO A FLOR DE ESTAR ALEGRES

Ola amigos, bos días: Comezamos un novo día e iso xa é un motivo para estar alegres e contentos. Comezamos un novo traballo e coas forzas renovadas despois de descansar desde onte. Hoxe, continuamos ofrecendo flores a María, a nosa nai, aquela que nos coida e que está sempre connosco. A flor que imos ofrecer hoxe é moi doada: é a flor de estar alegres. Que de verdade hoxe saibamos estar alegres, e que a nosa alegría alegre os que nos rodean: os nosos compañeiros, amigos, profesores, familia... Xa sabedes rapaces... a estar alegres! E a traballar como sabedes, moi ben. COLOCÁMOLA NO ENCERADO OU EN SITIO VISIBLE: “Estar alegres”.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Somos nenos e nenas alegres? Que diferencia hai entre estar alegres e estar todo o día de esmorga?

ORACIÓN

Oh señora miña, Oh nai miña, Eu ofrézome enteiramente a ti, E en proba do meu filial afecto, Conságroche neste día os meus ollos, os meus oídos, A miña lingua e o corazón, Nunha palabra todo o meu ser. Xa que son do todo teu Nai de bondade, Gárdame e deféndeme sempre. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!