OS DATOS DO DÍA
Xoves, 7 de Maio de 2026
MAIO A FLOR DO SERVIZO

Ola amigos, bos días: Hoxe ímoslle ofrecer a María unha flor moi especial. É a flor do servizo; pero, e iso que é? Pois o servizo é a axuda que podemos prestar aos demais. Convídovos a pechar os ollos un minuto e pensar en que podemos axudar o noso compañeiro da beira ou a calquera da clase. FACEMOS SILENCIO... Agora imos pedir a Xesús e a María que nos axuden a conseguilo. COLOCÁMOLA NO ENCERADO OU EN SITIO VISIBLE: “Axudar a algún compañeiro en algo”.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

• Por que é importante axudarnos uns a outros?

• Que é o que pensaches durante o momento de silencio?

ORACIÓN

María, Deus fixouse en ti e ti abandonácheste a El, dando un si sincero, riseiro, confiado.

Antes que mirarte a ti mesma, pensaches no que El quería.

• Cambiaches os teus plans para estar ao servizo do amor en Persoa.

Por iso dicímosche: Grazas, nai, por dicir que si.

 

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!