OS DATOS DO DÍA
Mércores, 3 de Xuño de 2026
Canon in D

Ola amigos da reflexión do día! Propóñovos hoxe esta pequena peza musical, para escoitala de modo tranquilo incluso pechando os ollos e deixando que a túa imaxinación te leve a poñer as imaxes. Johan Pachelbel compuxo esta obra ao redor de 1680. É unha obra famosa e adóitase utilizar nas vodas cando os noivos entran na igrexa, así que igual sóache.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sabes tocar algún instrumento? Cal che gustaría aprender?

ORACIÓN

Ora hoxe polas persoas que te rodean, pensa na música que escoitaches, e ten con esas persoas un xesto de amizade e agarimo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!