OS DATOS DO DÍA
Xoves, 4 de Xuño de 2026
5 XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí deixámosvos algúns vídeos. Elixe o que creas máis axeitado para os alumnos-as do teu curso... Ou talvez poidas ilos vendo ao longo da mañá para seguir celebrando e concienciándote sobre o día Mundial do Medio Ambiente

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que podemos facer cada un de nós na casa ou no cole para coidar máis e mellor o medio ambiente? Lembras as tres R?

ORACIÓN

Deus omnipotente, que estás presente en todo o universo e na máis pequena das túas criaturas, Ti, que rodeas coa túa tenrura todo o que existe, derrama en nós a forza do teu amor para que coidemos a vida e a beleza. Asoláganos de paz, para que vivamos como irmáns e irmás sen danar a ninguén. Deus dos pobres, axúdanos a rescatar os abandonados e esquecidos desta terra que tanto valen aos teus ollos. Sanda as nosas vidas, para que sexamos protectores do mundo e non depredadores, para que sementemos fermosura e non contaminación e destrución. Toca os corazóns dos que buscan só beneficios á conta dos pobres e da terra. Ensínanos a descubrir o valor de cada cousa, a contemplar admirados, a recoñecer que estamos profundamente unidos con todas as criaturas no noso camiño cara á túa luz infinita. Grazas porque estás connosco todos os días. Aléntanos, por favor, na nosa loita pola xustiza, o amor e a paz. (Papa Francisco)

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!