OS DATOS DO DÍA
Mércores, 3 de Xuño de 2026
ESCOLA CRISTIÁ

         Nós convivimos e estudamos (dise o nome do colexio). Seguro que coñecemos outros colexios do noso redor (dinse os nomes).


          Seguro que todos estamos orgullosos do noso colexio aínda que, ás veces, o critiquemos e nos queixemos dalgunhas cousas. Pero todos o levamos dentro: sentimos as súas cores como nosas; iso vese en calquera confrontación deportiva.

 
          O noso colexio ten unhas características que non teñen os dos seus arredores (pódense dicir as que se lles ocorra)


          Podemos fixarnos en moitas cousas: o seu aspecto exterior, o lugar onde está colocado, o número de clases...

 
          Para Xoán Bautista de La Salle a característica fundamental dunha escola atendida por Irmáns era, e é, o de ser cristiá. ¿Que quere dicir iso?


           * Que nela nos acordamos de Xesús, en distintos momentos e a través de diferentes signos: rezamos, temos a cruz, celebramos a eucaristía...


          * Que se ensina Relixión, para coñecer mellor a Xesús e o que el ensinou.
   

          * E, sobre todo, que a palabra de Xesús se converte en algo importante para todos os que nel estamos; que tratamos de vivir e convivir segundo o que El nos pide: querémonos, perdoamos, compartimos, axudamos...

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cal desas cousas que converten unha escola en cristiá, che parece máis importante?

Cal delas temos no noso colexio?

Cal se debería coidar máis?

ORACIÓN

Deus Pai bo,
Ao comezar un novo día
Lembro a túa chamada a seguirte
E a traballar por un mundo mellor.

Ao comezar un novo día
Decátome do difícil
Que é amar de verdade:
Non só de palabra,
Senón tamén con obras concretas.

Señor,
Coa túa axuda
E a daqueles que me rodean:
Pais, irmáns, amigos, profesores,...
Quero esforzarme en facer o ben:

Estar cerca do só e acurrunchado
Axudar ao que non ten quen lle bote unha man...
Colaborar en mellorar o ambiente de clase...


Pór alegría nos momentos de tristeza...
Buscar a paz onde vexa pelexa...
Ser unha chamada de atención para o que só busca o seu...
...

É unha tarefa dura, seino.
Por iso suplícoche con todo o meu corazón:
¡AXÚDAME!

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!