OS DATOS DO DÍA
Xoves, 4 de Xuño de 2026
DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5-VI)

Ese bulldozer que se chama "home" contaminou a auga e o aire, os elementos básicos para a vida na terra.

Petroleiros, coma pantasmas xigantes, trazan un rastro de contaminación por mares e praias.

Industrias químicas lanzan ao aire toneladas de dióxido de xofre e vitriolo aos ríos.

Unha corrente de coches deixa 290 kg de velenoso monóxido de carbono por 1.000 l de gasolina nas rúas das cidades.

O home espoliou as materias primas que necesitaron séculos para formarse, dilapida as riquezas dos seus propios fillos e netos.

Home, convertiches as túas mans en garfos, os teus pés fixéronse eirugas para atravesalo todo e construír un monumento de aceiro e formigón.

Home, todo atentado á vida e á natureza foi un atentado contra ti mesmo.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que fas ti polo respecto e a defensa da natureza e o medio ambiente?  

Pensas nas agresións que ti mesmo, ou no teu medio, se realizan contra a natureza?        

ORACIÓN

Señor, noso Deus,

que admirable é o teu nome en toda a terra!


Cando contemplo o ceo, obra das túas mans;

a lúa e as estrelas que creaches,

que é o home, para que te lembres del,

o ser humano para que coides del?


Fixéchelo pouco inferior aos anxos,

coroáchelo de gloria e dignidade,

décheslle o mando 

sobre as obras das túas mans, 

todo o sometiches baixo os seus pés.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!