OS DATOS DO DÍA
Xoves, 4 de Xuño de 2026
DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5-VI)

Ese bulldozer que se chama "home" contaminou a auga e o aire, os elementos básicos para a vida na terra.

Petroleiros, coma pantasmas xigantes, trazan un rastro de contaminación por mares e praias.

Industrias químicas lanzan ó aire toneladas de dióxido de xofre e vitriolo ós ríos.

Unha corrente de coches deixa 290 kg de venenoso monóxido de carbono por 1.000 l de gasolina nas rúas das cidades.

O home expoliou as materias primas que necesitaron séculos para formarse, dilapida as riquezas dos seus propios fillos e netos.

Home, convertéche-las túas mans en garfos, os teus pés fixéronse eirugas para atravesalo todo e construír un monumento de aceiro e formigón.

Home, todo atentado á vida e á natureza foi un atentado contra ti mesmo.

 

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que fas ti polo respecto e a defensa da natureza e o medio ambiente? 

Pensas nas agresións que ti mesmo, ou no teu medio, se realizan contra a natureza?                          

ORACIÓN

Señor, noso Deus,

que admirable é o teu nome en toda a terra!

 

Cando contemplo o ceo, obra das túas mans;

a lúa e as estrelas que creaches,

que é o home, para que te lembres del,

o ser humano para que coides del?

 

Fixéchelo pouco inferior ós anxos,

coroáchelo de gloria e dignidade,

décheslle o mando

sobre as obras das túas mans,

todo o sometiches baixo os seus pés.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!