OS DATOS DO DÍA
Mércores, 3 de Xuño de 2026
UN TESTEMUÑO DE SERVICIO MISIONEIRO
M I S I Ó N S L A S A L I A N A S

Son un mestre do colexio La Salle de Turón, estou casado e teño unha filla de oito anos. O verán do 1988 formei parte dun grupo de seglares e relixiosos que participaron nun proxecto misioneiro en Guinea Ecuatorial. Isto supuxo, deixa-la miña familia durante dous meses para dedicarme a traballar con outras familias, sen dúbida máis necesitadas cá miña nos campos de alfabetización e evanxelización.

Un dos obxectivos era convivir coas persoas, coas familias e, comparti-los seus problemas; axudalos e animalos a que realizasen unha serie de traballos para o seu crecemento coma persoas, para a mellora da súa saúde e hixiene.

Tiven a ocasión de coñecer outras xentes, moi diferentes pola súa cultura, daquelas coas que convives a diario. Xentes sinxelas, boas, relixiosas, que recibiron coas mans abertas a nosa modesta axuda escolar, familiar, todo isto desde un prisma de fe cristiá.

Á miña volta á casa, coa miña familia, os meus alumnos, vén a min a lembranza da "miña outra familia", a dos necesitados, a que agarda a nosa continua axuda.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

En que consisten estes proxectos misioneiros de verán? Cales son os deste ano?

Coñeces algunha persoa que participase neles? Que che chamou a atención do que vos contou?                                                

ORACIÓN

Señor, dámosche gracias polos homes

que traballan en paz

e polos que constrúen un mundo máis ledo.

A miúdo vemos na televisión,

nenos, mulleres e homes que sofren.

Teñen fame, están feridos pola guerra.

Tamén vemos homes e mulleres

que se sacrifican polos que sofren,

e lles axudan a aliviarse.

Loitan contra o mal,

sorrín ós que temen e ós débiles,

infúndenlles alento e esperanza.

Señor, cando se ama a verdade,

o sufrimento é menos pesado de levar.

Ensínanos a amar e a loitar.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!