OS DATOS DO DÍA
Martes, 2 de Xuño de 2026
RESPONSABILIDADE CO QUE SE FAI

Lese que a unha boneca de sal faláronlle outras bonecas con tanta elocuencia das excelencias do lonxano mar, que lle entraron ganas de contemplar algunha vez tanta beleza. E este día tan desexado chegou. Nada lle importou o longo camiño que tivo que percorrer ata chegar á beira do mar.

Todo o que lle dixeran sobre o mar era pálido reflexo comparado coa realidade. Todo era moi fermoso. Non cansaba de admiralo en respectuoso silencio.

E sentiu desexos de achegarse máis, de experimenta-la temperatura das augas e o que se sente no corpo ó ser golpeado polas ondas. Lanzouse ó mar e, a medida que a auga ía afundindo o seu corpo, non deixaba de loar aquela marabilla.

Chegou un momento en que a penas quedaba algo da boneca. As derradeiras palabras que pronunciou antes de afundirse no mar foron:

(O mar! (O mar! (Eu son o mar! Meteuse en min.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

É distinto falar por experiencia das cousas ou porque mo contaron.

Procuro ofrecerme para colaborar na casa, na clase,... ou mantéñome á marxe das cousas?

Sei renunciar ós meus gustos por facer algún servicio ós demais ou déixome levar na vida polo egoísmo?          

ORACIÓN

Ti chámasnos cada día. Señor,

a poñe-la man no arado con decisión.

Queres que sigámo-lo teu estilo de vida,

sen volve-la ollada atrás;

que cobrémo-la ilusión primeira,

sen dar paso ó desalento.

 

O noso corazón quere seguirte, Señor.

Que a nosa nova vida se acomode máis

ó que Ti queres de nós,

para que nos realicemos

coma persoas e coma cristiáns.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!