OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Xuño de 2026
SAN PAIO (15 - VI)

Estamos ante o santo galego máis popular en Galicia e en todo o noroeste peninsular: Asturias, León e norte de Portugal.       

        Naceu Paio no ano 912 en Alveos, preto de Tui, na provincia de Pontevedra. Aínda neno, nunha das incursións dos mouros, no tempo de Abderramán III, foi feito prisioneiro e deportado a Córdoba co seu tío Hermixio, bispo de Tui, e outros cristiáns da bisbarra do Baixo Miño.

        Levado ao pazo do Califa, por negarse a renunciar á súa fe e resistir as intencións luxuriosos do monarca, foi martirizado ata entregar a súa alma a Deus. Aínda non fixera os 14 anos.

        O seu corpo foi trasladado a León e máis tarde a Oviedo. Unha reliquia do santo gárdase no mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares, que o venera como patrón dende 1152.

        En Galicia están dedicadas a este santo unhas 50 parroquias.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

A pesar dos anos que nos separan, ¿o adolescente Paio pode ser un modelo para nós, rapaces do século XX?     

* ¿En que podemos nós imitalo? ¿Como damos nós testemuño da nosa fe?

ORACIÓN

¿Sabíalo?  A túa vida non é para ti,

soamente para ti.

O teu corpo non é para ti,

soamente para ti.

¿Sabíalo? Estás feito de sal e lume.

Sal para salgar e lume para alumear.

O teu é desfacerte coma o sal,

salgando os demais.

¡Que fermoso é ser sal e lume,

á sombra de Xesús,

para facer unha Galicia nova

a carón dos humildes desta Terra!

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!