OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Xuño de 2026
FIN DE CURSO

É hora de reflexión e de exame xeral para todos. Ademais dos exames e controis, conviría que pensásemos se en verdade nos esforzamos durante este curso que termina. Os puntos que podemos mirar son: o esforzo e o traballo, o compañeirismo e a aceptación das persoas, o comportamento na familia... Se nos damos unha boa nota poderemos descansar tranquilos, pola contra habería que facer algunha recuperación e aproveitar un tempo do verán para a reflexión e a mellora.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que nota me poño e por que?

ORACIÓN

Ao terminar o curso, Xesús, dámosche grazas por todo o que temos que cremos que é un grande agasallo. Dános forza para vivir o verán con intensidade, para relacionarnos, descansar, traballar e estudar, que tamén é importante. Grazas Xesús por seguir crecendo xunto a nós.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!