OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Xuño de 2026
FELIZ VERÁN A TODOS

Hoxe é o último día do curso que imos realizar a reflexión desde os MARTES LASALIANOS. Espero que a experiencia fose positiva, e sobre todo, que saibamos algo máis de cousas que son de familia, porque os que nos sentimos lasalianos, formamos unha gran familia. Hoxe a reflexión vai ser distinta, nela gustaríame que vós fósedes os protagonistas. Despois dun ano, martes a martes, reflexionando e rezando a partir de valores e acontecementos lasalianos, convídote a que compartades QUE ACONTECEMENTOS, VALORES, MENSAXES, REFLEXIÓN...

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

se vos foron quedando na memoria de todos os escoitados? Desta forma, faremos síntese e enriquecerémonos uns a outros. Pois nada, douvos a palabra e cálome eu. GRAZAS POR TODO E FELIZ VERÁN. As preguntas xurdirán do diálogo que se manteña na clase.

ORACIÓN

Amigo Xoán Bautista: grazas por acompañarnos durante todo o ano e grazas porque seguirás acompañándonos. Estamos seguros, que xa formas parte de nós mesmos e que a túa presenza non vai pasar desapercibida. Queremos darche grazas polo aprendido, polo compartido, polas ganas de facer, tamén nós, grandes proxectos e tomar grandes decisións. Dános forza para que sempre que o fagamos, sexa pensando no outro, principalmente no que menos posibilidades ten, no que o pasa mal, no pobre. Dános a valentía de ser coherentes entre o que pensamos e o que facemos. Amigo Xesús, axúdanos a ser Lasalianos e a intentar facer realidade os valores que compartimos durante o curso que finaliza. Grazas Xoán Bautista, grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!