OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Xuño de 2026
VERÁN PROVEITOSO

Acábase o Curso, chega o verán e con el detéñense as clases e as diversas actividades do colexio. Ante nós preséntase un tempo de repouso e de descanso renovador: non un tempo perdido ou de lecer perigoso. As vacacións non se poden reducir ao simple non facer nada, un bo cambio de ocupación pode ser un descanso positivo. Ocupacións positivas do verán poden ser: convivir máis coa familia e os amigos, gozar da natureza, dedicar tempo ás boas afeccións, conversar, viaxar, penetrarse nas novas tecnoloxías, ler, escoitar música, ver películas e espectáculos interesantes... non só saír, ver televisión e durmir. Que de verdade este verán sexa unha gran oportunidade para seguir crecendo. ATA SETEMBRO

ORACIÓN

Hoxe a oración facémola entre todos. Intenta pensar algo polo que dar grazas a Deus, curto, sinxelo, do vivido cos teus compañeiros e no colexio. Libremente e en orde, imos expresando e compartindo xuntos. FELIZ VERÁN.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!