OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Xuño de 2026
SEGUIR A XESÚS, CONFIAR EN DEUS

         Nós, que nos chamamos cristiáns, cremos ser bos seguidores de Xesús; pero, se nos paramos a pensar un pouco en serio, enseguida nos dámos conta que iso de amar aos outros, perdoalos, non insultar, non vingarnos, axudar... cústanos bastante.

          La Salle, que nacera nunha familia cristiá e estudara para sacerdote, tamén se cría bo seguidor de Xesús; axudaba aos pobres, daba esmola, era esixente consigo mesmo e tamén cos demais.


          Dádevos conta das palabras que lle dirixía aos primeiros mestres: “homes de pouca fe, que pouca confianza tedes en Deus. Se crésedes máis nel, saberiades que El nunca falla.”


          Pero os mestres dinlle que é moi fácil ser seguidor de Xesús e ter confianza en Deus cando se ten moito diñeiro.


          É neste momento cando Xoán Bautista se decata de que o seguimento de Xesús e a confianza en Deus lle esixen moito máis. Esíxenlle dedicarse aos máis pobres e necesitados, do mesmo xeito que o fixo Xesús, e pór toda a súa confianza en Deus sen ter as costas cubertas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

En que aspectos da nosa vida se pode dicir que somos bos amigos de Xesús?

En que cousas ou persoas pomos nós a nosa confianza?

Fiámonos de Deus, ou cubrímonos as costas?

ORACIÓN

Ti coñeces, Señor,
Canto de bo e canto de malo hai en min.


Sabes da ilusión que me enche con cada novo día.
Sabes dos meus desexos de amar.


Sabes das miñas horas tristes,
Cando me pecho aos demais.


Sabes dos meus momentos de mal humor e enfado.
...

Señor, concédeme:
Valor para coñecerme a fondo
Enerxía para intentar superarme.

Quero coñecerte, Señor,
Como Ti me coñeces.


Quero facer caso á túa Palabra
E así facerche un oco na miña vida.


Dáme a túa forza para conseguilo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!