OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Xuño de 2026
LA SALLE, VIVO ENTRE NÓS

         Seguro que algunha vez lestes ou oístes a expresión “La Salle, vivo entre nós”. Pero, ¿quen son eses “nós” E, ¿como vive entre eles?


         “Nós” son os Irmáns. Para eles vive nos seus escritos, que len para comprender a súa vida e mensaxe. Vive como modelo de seguimento de Xesús e de atención ás necesidades dos nenos pobres e abandonados. Vive na oración, na que poden ser fieis á súa intención de servizo.


         “Nós” son os profesores e profesoras. As ideas educativas e a forma de tratar aos nenos de Xoán Bautista crearon un estilo que é o que distingue os Colexios La Salle. Iso é o que tratan de continuar os mestres e mestras: atención á persoa, e non só ao “estudante”; preocupación por cada un, e non só pola clase; facer ao alumno e a alumna responsable do seu traballo e educación.

         ”Nós” sodes vós aínda que pareza raro. Todo o que fixo Xoán Bautista: todo o que fan os Irmáns e Profesores; todas as preocupacións dos pais téñenvos a vós como centro. La Salle vive impulsando todo o que se fai aquí para o voso ben. Ese cadro, coa súa imaxe, é o sinal visible da súa presenza invisible; é lembranza de alguén que viviu seguindo a Xesús, ao servizo dos nenos. Cando nós o miramos, aínda que sexa por encima, el dinos, aínda que non o notemos: ¡veña, esfórzate; goza, crece, vive, merece a pena o que fas!

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

En que accións, cousas ou momentos se nota que La Salle está vivo entre nós?

ORACIÓN

Grazas, Deus, noso Pai,
Polos meus pais e a miña familia
Que me queren, cóidanme
E axúdanme a crecer
Como unha boa persoa.

Grazas, Deus Pai,
Polo Profesores e Irmáns
Que se preocupan por min,
Axúdanme a aprender
E a comportarme como unha persoa.

Grazas, Deus Pai,
Porque xunto cos meus pais,
Profesores, Irmáns e compañeiros
Formo parte da gran familia de La Salle.

Pedímosche,
Por medio de San Xoán Bautista de La Salle,
A quen sentimos vivo entre nós,
Que nos axudes a seguir o seu exemplo:


 a construírnos a nós mesmos como persoas
a ser sensibles aos máis necesitados


a compartir cos outros o que somos, facemos e temos
a comunicar amizade en casa, no colexio, na rúa,
a saber facerche un sitio na nosa vida.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!