OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Xuño de 2026
OS OLLOS BEN ABERTOS

         ¿Cantos días imos pola rúa, camiño do colexio, e non nos decatamos dos que ocorre no traxecto? Serías capaz de recordar, con certo detalle, por onde viñeches; con que persoas te cruzaches; quen foron as últimas persoas que saudaches antes de entrar no colexio?... (pódese establecer un diálogo sobre iso)


          Xoán Bautista durante longos anos, viu o que ocorría ao seu ao redor, pero parece que non o vía. Seguía cos seus asuntos: os seus estudos, a preocupación pola súa familia...

          Hai un momento en que empeza a “ver”. E a verdade é que tivo que chegar alguén a abrirlle os ollos e facerlle notar que non só existían os seus (con auténticas necesidades, pois quedaron orfos), senón tamén persoas con necesidades moi distintas: os nenos pobres e sen escola. (¿Quen foi esa persoa?)


          Pero cando a alguén se lle abren os ollos, é fácil que se volvan a pechar. E Xoán Bautista, unha vez que descobre as necesidades que o rodean, empeza a “ver” que hai necesidades co que un fixo ou con repetir para todos o mesmo.


          Así foi, capaz de crear escolas moi distintas, para necesidades moi diversas: para mestres, para presos...


          Nós, seguro que temos abertos os ollos a certas cousas: os nosos amigos, o deporte, as notas...


          Pero seguro que podemos e debemos abrir os ollos a outras realidades das que non nos demos conta ou ás que non deramos importancia:


          * a saber apreciar o esforzo de tal profesor ou profesora

          * á xenerosidade de determinado compañeiro

          * ao abandono en que se atopa tal persoa de clase.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que realidades poden pedir, entre nós, que abramos os ollos, para poder dar unha resposta?

Quen che abriu a ti algunha vez os ollos?

Como foi?

ORACIÓN

¡Señor!,
Ti es o Deus da boa acollida:
Ti acéptanos cada día tal como somos;
Ti dis: “Seredes felices se acolledes
os pobres, os enfermos, os humildes”.
Por iso, todos xuntos,
Con toda a forza do noso corazón,
Dirixímosche a nosa pregaria:

Grazas por todos aqueles que
saben entregar aos demais
O seu tempo, o seu diñeiro e a súa amizade

Lémbrate de todos aqueles

que necesitan que alguén

os acolla, os queira e os comprenda.

Axúdanos a abrir os ollos
E así ver a quen poidan ter necesidade
Dunha man amiga e xenerosa

Mira o noso corazón:
Non sempre é moi acolledor,
Pero coa túa axuda
Esforzarase en seguir o teu exemplo.

Na nosa voda cotiá,
Niso que facemos cada día.
Estamos seguros de que “TI ESTÁS CERCA”

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!