OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Xuño de 2026
A AMIZADE

Dous amigos ían de camiño polo monte cara á aldea.         

            De súpeto decatáronse da presenza dunha osa que viña polo mesmo sendeiro.

            Un deles botou a correr, subiu a unha árbore e acochouse como puido entre as pólas.

            O outro, vendo que non tiña posibilidade de escapar, botouse no chan e fíxose o morto.

            A osa achegouse a el e co fociño uliscouno detidamente. El contivo esforzadamente a respiración, pois din que osos non tocan o que xa está morto.

            Despois de retirarse a osa, o compañeiro preguntoulle qué lle dixera a osa ao oído. El respondeulle:

- "Que de agora en diante non acompañe a amigos que me abandonen nos perigos".

            Cando oímos dicir de alguén que só pensa en si, non dubidamos en chamalo egoísta.

            A amizade é unha calidade que debemos favorecer, coidar e cultivar na nosa vida. Quen atopa un amigo, atopa un tesouro.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

En que momentos sentiches a necesidade dun amigo?

Que condicións lle esixirías a un compañeiro para poder consideralo amigo?

ORACIÓN

Xesús, Ti que nos coñeces a fondo,

que sabes o que é cada un de nós

cos seus desexos e debilidades:

Dános o teu perdón,

dános  teu abrazo de amigo.

 

Perdoa o que non di o que sente,

o que non é bo amigo dos demais,

o que abusa dos compañeiros.

Dános o teu perdón,

Dános o teu abrazo de amigo.

 

Queremos ser amigos teus,

axúdanos coa túa graza.

Dános o teu perdón,

Dános o teu abrazo de amigo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!