OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Xuño de 2026
HAI QUE TER CORAXE!
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Un dos últimos premios Nadal, foi para unha muller, nai de cinco fillos. Pero o máis admirable é que esa mesma muller presentouse outras trece veces a outros tantos concursos, sen obte-los resultados apetecidos. Porque fai falla coraxe nada usual para seguir crendo nun mesmo despois de tanto fracaso.

Hai pouco deron pola tele a Quinta sinfonía de Bruckner. E foi delicioso escoitala, sobre todo porque detrás da obra, había dezanove anos de espera do autor para poder oí-la súa interpretación.

Ou o caso do poeta inglés Gerald M. Hopkings, de notable influencia en toda a poesía inglesa, que morreu sen ver publicado ningún dos seus versos.

Ou en Mozart, notable músico, que compuxo a sinfonía 545 despois de que morrera de "fame" unha das súas fillas.

Poderiamos seguir así, relatando exemplos. Pero está o teu caso persoal. )Como poderemos tolerar que a incomprensión nos deteña? É certo que a xente perde a fe diante da adversidade. Pero quizais o fan porque nunca a tiveron forte.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Es dos que á primeira contrariedade, ceden e derrúbanse, ou teimas na loita?

Onde deixáche-la túa ilusión de mozo? )Quen pode arrebatarche a túa coraxe?

Tes na túa man tódolos resortes. (Se é necesario, comeza de novo!

ORACIÓN

Pai, vimos pedirche hoxe

polos que se senten deixados da túa man,

polos que non soportan o seu destino,

polos que sofren

sen verlle sentido á dor.

Dálles azos e ilusión e loita.

Pero tamén queremos pedirche,

por todos aqueles que se rebelan,

que loitan e teiman

no seu empeño polo ben.

Polos defensores da xustiza

polos que loitan contra

a miseria, a fame e a guerra.

Polos que son capaces de  arriscar,

incluso a súa vida polos demais.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!