OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Xuño de 2026
EXAMES
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Ó remate do curso, os exames e os exercicios sucédense nunha carreira desenfreada. E un non pode perder de vista, que o máis importante non é o exame, senón o esforzo posto en preparalo.

Hai un dito que pode facernos cambia-la mentalidade: "Perder un curso é un roubo ós pais; pero tirar por iso a vida é unha estupidez".

A Severo Ochoa suspendérono dúas veces nos seus estudios de medicina.

A Balmes cateárono en matemáticas. Ramón Gómez de la Serna tropezou precisamente en Literatura. A Vázquez de Mella regaláronlle unha fermosa cabaza na Universidade de Santiago.

E o caso de Einstein é rechamante. Ós tres anos non sabía falar e os seus pais estaban resignados a ter un fillo deficiente mental. Ós seis anos, cando acadou un desenvolvemento normal, a súa timidez fixo que os seus compañeiros do colexio lle chamasen "papaíño aburrido".

Tamén é certo que sete de cada dez mozos superdotados convértense en vulgaridades da vida, e que con frecuencia, os que saen adiante son os mozos que mostran máis potencialidade no seu interior.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Es dos que se derruban ante unha dificultade ou ante un resultado adverso? Un suspenso é perigoso en dous casos: cando un se ri del, ou cando un se cega sobre el.

Como reaccionas ante a dificultade? Lembra: nos dedos son moito máis honrosos os calos cós aneis.

Opinas así?

ORACIÓN

Deus noso Pai, a cada un de nós déchesnos

calidades e capacidades de abondo

que debemos desenvolver

para ser persoas útiles, responsables

e colaboradoras na mellora

da sociedade en que vivimos.

Non permitas que nos deixemos

levar pola preguiza e inconstancia,

polo orgullo e polo egoísmo

e enterremos ou gardemos para nós

os talentos que ti nos deches

para ben noso e da humanidade.

Ilumínanos, Señor, coa túa gracia,

e Ti, que e-lo camiño, a verdade

e a vida, dá azos ás nosas vidas.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!