OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Xuño de 2026
AS OUTRAS VACACIÓNS
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Paco e Mari considéranse un matrimonio normal. Con dous nenos de 7 e 9 anos, son unha familia modesta similar ás moitas que habitan en Vite  (Santiago). Como o 60% das familias, non saen de vacacións, nin sequera os nenos van ós campamentos que organiza o Concello.

Forman parte dese 36% de fogares españois que a CEE cualifica de pobres, no cal o sustento principal é estar empregado. Paco é un obreiro especialista, pulidor nun taller de aluminio. Mari traballou ata que naceu a filla maior.

A nómina mensual é de 130.000 ptas. máis un "plus" de 500 ptas. de toxicidade do traballo. Coas horas extras e certas chapuzas, veñen a levar á casa unhas 170.000 ptas. mensuais. E no taller, ninguén se atreve a reclamar nada por perigo a quedar sen emprego.

Se o 50% se vai en alimentación, outra parte para acabar de paga-lo préstamo da casa, os libros dos nenos e a roupa...queda moi pouco para vacacións noutras latitudes.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Nas túas vacacións, )pérdelo tempo? )Exerces algunha forma de solidariedade?

Pensas algunha vez nos que non poden ter vacacións? )E que ti es un privilexiado?

ORACIÓN

Só ti, Señor, dás a auténtica alegría,

o gozo nas cousas pequenas, cotiás,

o saboreo en paz do fogar e do amigo,

o don da serenidade a tempo pleno.

Ábre-los nosos ollos ó humilde e ó belo,

á pinga de orballo que palpita no pétalo,

ó talo que medra en busca da luz.

Ti restáura-la nosa vida na verdade.

Só Ti, Señor do simple e do sinxelo,

sácia-lo corazón do home.

Ensínanos a vivi-lo tempo de verán

aproveitando as oportunidades

de facernos máis persoas,

de cultiva-la amizade e a axuda

a aqueles que precisan de nós.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!