OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Xuño de 2026
FORMAS DISTINTAS DE VERANEAR
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Dende hai uns cantos anos, un grupo de mestres, Irmáns e antigos alumnos de La Salle, planifican o seu verán de xeito distinto. Durante dous meses embárcanse nun proxecto que ten moito de aventura e de axuda humanitaria: Van comparti-la súa vida con xentes de Guinea Ecuatorial, de Perú, Bolivia, Togo, Mozambique, India,...

É unha forma de pasa-las vacacións. Con risco de enfermidades, e cun traballo, ás veces, esgotador. Realizan actividades de: construcción de escolas e dispensarios, catequese, enfermería, ensino, etc.

Dende hai tamén uns cantos anos, un grupo de alumnos e antigos alumnos de La Salle, queren experimentar de forma máis próxima a pobreza, a carencia de medios e o traballo manual no campo. Van ós campo de traballo, para axudar á xente das aldeas perdidas na montaña nos seus labores.

Non sacan ningún beneficio económico do seu traballo. O seu afán por axudar e convivir con esa xente, lévaos a dedicarlles, con total xenerosidade, parte do seu tempo do verán.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Xa ves que hai outras maneiras de pasa-las vacacións. )Estarías disposto a algo semellante?

Como vas amosa-la túa xenerosidade cristiá neste verán?

ORACIÓN

Ditosos os misericordiosos!

Os que buscan ante todo comprender,

sen critica-las accións dos demais.

Os que fan súa a vía da paz,

e están abertos á reconciliación.

Os que encontran razóns suficientes

para desculpar, perdoar e esquecer.

Os que cren na bondade e na clemencia,

e apoian medidas de gracia e perdón.

Os que brindan, sen moitas preguntas,

hospitalidade á necesidade allea.

Os que livian a carga do irmán,

arrimando o ombreiro,

en actitude humilde de servicio.

Eles atoparán misericordia en Deus!

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!