OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Xuño de 2026
QUE TÍTULO ARELAS?
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Estás rematando o curso. Ólese xa o final. E é hora de recolle-la colleita. Algúns, preocupados por aprobar. Outros, na cabeza marteleando o )para que serviu?. Aquí un título. Alí outro ano de incerteza que pasou. )Que podemos recoller?

A educación se carece do esencial, non é educación, senón un sistema de escravos. Se a educación non serve para facer persoas libres e felices, serve de ben pouco.

Hai algo na miña vida que dificilmente esquecerei -di Martín Descalzo, escritor. En 1948, sendo eu un rapaz de 12 anos, tiven a fortuna ou desgracia de visita-lo campo de concentración de Dachau.

Nel, impresionoume algo que deixou escrito a mestra do campo. Comentaba que aquelas cámaras de gas fabricáranas enxeñeiros especialistas. Que as inxeccións letais as puñan médicos ou enfermeiros titulados. Que nenos recén nacidos eran asfixiados por enfermeiras sanitarias competentísimas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Desde logo, a impresión así, de socato, é fatal.

Que che parece a ti? 

O teu curso, permitiuche medrar en compañerismo, en solidariedade, maduraches como persoa?

Toda a túa obsesión foi a preocupación por engadir un título máis ó teu expediente? 

ORACIÓN

Deus, noso Pai, en todo o que facemos

atopas razón para a túa misericordia.

Non fas vale-los teus dereitos

e perdóasnos,

acéptasnos como somos.       

Dános forza para imitar a Xesús,

para ser bos uns cos outros.

Reconcíliate con todos nós

e non nos escatíme-la túa gracia.

Infúndeno-la túa forza de vida,

Xesucristo, o teu Fillo;

que o seu exemplo de fidelidade e servicio

alente e dea folgos á nosa fe,

hoxe e tódolos días da nosa vida.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!