OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Xuño de 2026
VERÁN: TEMPO DE AMIZADE
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

Chamábase Anxo, e sucedeu nos Ancares. Foi un auténtico "anxo" para os seus dous compañeiros de escalada.

Foran á serra para alcanza-lo cume dun alto monte. Os seus dous amigos escalaban mentres el lles facía unhas fotos dende abaixo. Xa ó escurecer, daquel caloroso día de xuño, sufriron os dous unha horrible caída de vinte metros, mortal de necesidade.

Anxo emprendeu unha veloz carreira cara ó posto da Garda Civil máis preto en busca de socorro para os seus compañeiros. Deu o aviso e regresou á montaña.

Pero o seu esforzo foi total e o esgotamento do xove foi maior cá ilusión. Os seus pulmóns non aguantaron tal esforzo e caeu morto, extenuado, ó chegar ó sitio onde estaban os seus dous compañeiros, un moi gravemente accidentado.

O auxilio chegou a tempo, detrás del, para salvar ámbalas dúas vidas. Pero non puido salva-la de Anxo.

O enterro constituíu unha manifestación impresionante de dó. Pero tamén a alegría polas dúas vidas que se recobraran de novo, gracias ó xesto heroico dun rapaz novo, que creu máis na amizade que na súa propia vida.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Para moitos, verán significa sesta, praia, baño,... Nalgún caso, facer algo útil ocupando o tempo.

Pero o verán é tamén un tempo para cultiva-la amizade, de desenvolve-la capacidade de conversar, de escoitar, de reflexionar... Como vas a cultiva-la amizade... neste tempo?

ORACIÓN

Cremos nun Deus de amor e de alegría,

que se fai presente en medio de nós

cando varios se reúnen no seu nome,

a celebra-la festa da fe.  

 

Cremos en Xesús, enviado do Pai

a proclama-lo seu amor a todo home

e a amosarnos como ser persoas.

 

Cremos no Espírito de Xesús,

e na súa Igrexa,

comunidade dos xa liberados,

dos que camiñamos en familia

vivindo no amor, a paz e a xustiza.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!