OS DATOS DO DÍA
Luns, 9 de Novembro de 2026
As Calumnias

Había unha vez un home que calumniou grandemente a un amigo seu, e todo pola
envexa que lle tivo ao ver o éxito que este alcanzara. Tempo despois arrepentiuse da
ruína que trouxo coas súas calumnias a ese amigo, e visitou un home moi sabio a quen
lle dixo:
- “Quero arranxar todo o que fixen, como podo facelo?” O sabio respondeu:
- “Toma un saco cheo de plumas lixeiras e pequenas e sóltaas onde queira que vaias”. O
home moi contento por aquilo tan fácil tomou o saco cheo de plumas e ao cabo dun día
soltáraas todas. Volveu onde o sabio e díxolle:
- “Xa terminei” Entón o sabio contestou:
- “Esa era a parte fácil... agora debes volver encher o saco con esas mesmas plumas que
soltaches, sae á rúa e búscaas”.

O home sentiuse moi triste pois sabía o que iso significaba, e non puido xuntar case
ningunha. Ao volver o home sabio díxolle:
- “Así como non puideches xuntar de novo as plumas que voaron co vento, así mesmo o
mal que fixeches voou na fala da xente e o dano xa está feito. O único que podes facer
agora é pedirlle perdón ao teu amigo, pois non hai forma de arranxar o que fixeches”.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Dáste conta de que a solidariedade e a xustiza han de empezar polo máis
próximo, se non me porto ben cos que me rodean como o serei con aqueles que
viven lonxe de min?

ORACIÓN

Señor Xesús, que fácil parece ás veces pedir perdón. Que difícil resulta facelo de
corazón.
Pídoche hoxe, que me axudes a mirar ao compañeiro como unha persoa que me pode
necesitar.
A ser capaz de estar ao seu lado, aínda que me caia regular.
Ti ensináchesnos a axudar a todos e en calquera lugar, e é a ti a quen quero imitar.
Amén

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!