OS DATOS DO DÍA
Martes, 10 de Novembro de 2026
O HONRADO LEÑADOR

Había unha vez un pobre leñador que regresaba á súa casa despois dunha xornada de
duro traballo. Ao cruzar unha pequena ponte sobre o río, caeulle a machada á auga.
Entón empezó a lamentarse tristemente:
‐Como gañarei o sustento agora que non teño machada? Ao instante, oh marabilla!,
unha bela fada aparecía sobre as augas e díxolle ao leñador: ‐espera, bo home, traerei a
túa machada. Afundiuse na corrente e pouco despois reapareceu cunha machada de ouro
entre as mans. O leñador díxolle que aquela non era a súa.
Por segunda vez se somerxeuse a fada, para reaparecer despois con outra machada de
prata.
‐Tampouco é a miña ‐dixo aflixido o leñador. Por terceira vez a fada buscou baixo a
auga. Ao reaparecer, levaba nas súas mans unha machada de ferro.
‐Oh, grazas, grazas! Esa é a miña!
‐Pero, pola túa honradez, eu regáloche as outras dúas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cal é a mensaxe da fábula de hoxe?

Qué significa ser honrado?

ORACIÓN

Señor Xesús, convídasnos a ser honrados, a ser sinceros cos demais, dános forza para
facelo realidade.
Que de verdade queiramos ser unha clase unida, onde compartamos o mellor de cada
un, onde nos axudemos e respectemos os outros.
Grazas Xesús, porque así́ cada día seremos máis felices. GRAZAS.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!