OS DATOS DO DÍA
Luns, 9 de Novembro de 2026
OS MISIONEIROS

Un grupo de expertos segrares preguntábanse non hai moito sobre as actitudes e aptitudes do Misioneiro. Definíano con estes trazos:

- unha perfecta dispoñibilidade.

- sen instalarse xamais, tendo preparado sempre a súa austera equipaxe para partir cara aos demais.

- vivindo particularmente atento aos pobres, ás vítimas da inxustiza, aos prisioneiros da soidade, aos que non teñen forzas para defenderse.

- tendo un respecto profundo ás outras culturas, ás outras relixións, dentro da preocupación fundamental de compartir cos demais a súa experiencia de Deus.

- participa na vida e nas preocupacións do pobo co que vive e convive, compartindo con el tanto a riqueza coma a pobreza, os perigos e as carencias.

- ten espírito de "vangarda", para rompe-las fronteiras.

Se sacámo-lo común denominador de todos estes trazos, teremos claro que o misioneiro é "un home que exerce a fraternidade e axuda os demais a realizala".

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Pensaches algunha vez se ti poderías ser misioneiro/a?

* Que é o que máis che impresiona do estilo de vida dos misioneiros?

* Cales son as maiores dificultades que atopas para vivir  segundo o estilo de Xesús?

ORACIÓN

Somos cidadáns dun mundo 

que necesita o voo dunha pomba,

que necesita corazóns abertos 

e está sedento dunha auga nova.

POR ISO ESTAMOS AQUÍ, 

COMIGO PODES CONTAR

E DEIXAREI A EQUIPAXE A UN LADO  

PARA TER BEN ABERTAS AS MANS 

E O CORAZÓN CHEO DE SOL.

Somos cidadáns dun mundo 

que foi creado coma casa de todos.

Como fogar dunha gran familia, 

onde todos vivamos en paz.

POR ISO ESTAMOS AQUÍ ...

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!