OS DATOS DO DÍA
Martes, 10 de Novembro de 2026
PREGÓN DA VIDA

Prestade a vosa atención ao pregón da Vida: "Declárase este día, por orde da Igrexa, coma día dedicado á celebración da vida, dedicación que deberá prolongarse por tempo indefinido. Todo aquel de corazón manso, humilde e puro terá a oportunidade de compartir os seus dons e agradecer ao Facedor de todas as marabillas. 

Condenamos a tristura, a opresión, o egoísmo porque amamos a vida; unha vida digna na que cada un loita para acrecentar a calidade de vivir de todos os homes.

Amamos esta vida e, máis aínda, a todos os homes e mulleres que dan testemuño da loita coa súa vida. Son eles, o motivo da nosa celebración de hoxe. Celebramos a súa entrega total e xenerosa á causa da vida, especialmente da vida dos que máis sofren.

Neste empeño, os Misioneiros dan a súa vida, ás veces ata a morte violenta, facéndose testemuñas fieis do mesmo Xesús que deu a súa para que tivésemos vida abundante.

Como Igrexa reunida celebramos con ledicia e esperanza o don destes SERVIDORES DA VIDA!

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Que facemos cada un de nós para que os demais teñan vida?

* Que poderiamos facer no colexio, na casa, cos amigos?

ORACIÓN

Ti déchesnos a vida para convivir

e nós levámolo todo á morte, á guerra,

á competencia e á indiferenza.

Ti déchesnos árbores e bosques

e nós estamos a cortalos.


Ti décheslles a primavera aos paxaros, ríos e peixes,

e nós non facemos máis que contaminalos

con residuos das industrias.


Ti déchesnos o  equilibrio da creación

e nós desequilibrámola

e encamiñámonos ao fracaso.


Dános o valor de servir á vida e non á morte.

Dá a túa vida, Señor, a todos os pobos da terra.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!