OS DATOS DO DÍA
Luns, 9 de Novembro de 2026
MITOS FALSOS

DEZ MITOS FALSOS para a reflexión de estudiantes xoves:

 

 1. A causa é a escasez, tanto de alimentos como de terras.

 2. Hai demasiada xente para os recursos agrícolas dispoñibles.

 3. Suprimirase a fame se nos concentramos no aumento de producción.

 4. Para alcanzar seguridade alimentaria, debemos depender dos grandes terratenentes.

 5. A producción de alimentos só pode lograrse á custa da integridade ecolóxica.

 6. O desenvolvemento dun país pobre virá co monocultivo; explotalo e importar alimentos e bens industriais.

 7. A fame é a loita entre o mundo rico e o mundo pobre.

 8. Os campesiños están tan oprimidos e desnutridos que xa son incapaces de mobilizarse por si mesmos.

 9. É preciso optar entre a liberdade ou a supresión da fame.

10. A solución ó problema dos alimentos non está no campo, senón na industria e nas cidades.

Está demostrado que estes mitos son falsos:

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Déixome convencer coma un boneco?.

Que fago eu na semana do Dómund (e todo o ano) pola solidariedade cos demais?

ORACIÓN

De nada serve dicir: Señor, Señor,

nin ir á igrexa cos demais a rezar,

se as nosas obras non din ós que as

contemplan que son de bos cristiáns.

 

Se non lle dámos consolo ó que está triste,

nin visitamos a quen sofre na dor,

se esquecémo-los que teñen soidade

e os que lles falta amor.

Se reducímo-lo triunfo do veciño,

ou levantamos calumnia contra o irmán,

se necesitan axuda no camiño

e non lles tendo a man.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!