OS DATOS DO DÍA
Xoves, 12 de Novembro de 2026
ÁBRESE A ESCOLA

Recordas do último martes o que comentamos de San Xoán Bautista de La
Salle? Pois si, Xoán Bautista encontrou mestres para a súa escola. E grazas a
iso, abre a escola. Os nenos xa non están abandonados polas rúas. Pero os novos
mestres saben moi pouco de como educar e ensinar os nenos. Xoán Bautista de
La Salle obsérvaos, e terá que ensinalos.
Xoán Bautista leva os mestres á súa casa. Comen na mesma mesa que os seus
irmáns e explícalles como teñen que educar os alumnos. Os familiares de La
Salle non queren que queden nunha casa tan importante; estes pobres mestres
que non teñen a suficiente categoría social nin diñeiro, non poden mesturarse
connosco, dicían os seus irmáns.
Os familiares dinlle a Xoán Bautista que os bote fóra da súa casa.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Quen pode dicir as ideas que comentamos hoxe da vida de Xoán Bautista?
Crees que Xoán Bautista estaba contento de abrir a escola?
Que che parece a actitude dos irmáns de Xoán Bautista en relación aos mestres?
Que cres que fará Xoán Bautista cos mestres?

Bótaos de casa? Por que cres que destruíron as súas escolas?

ORACIÓN

Amigo Xesús, dámonos conta de que o soño de Xoán Bautista aos poucos faise
realidade, pero non sempre foi fácil.
Seguro que coa túa axuda, foi capaz de solucionar as dificultades e facer que as
súas escolas seguisen cara adiante.
Grazas por Xoán Bautista e o agasallo das Escolas. Que saibamos valorar o bo
que fuches Xesús e o bo que es connosco. GRAZAS.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!