OS DATOS DO DÍA
Xoves, 12 de Novembro de 2026
USAS CARETAS?
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

V A L O R E S

A máscara úsase no teatro, nos días de feira ou nas festas folclóricas que interesa pasar inadvertido. Colocámola diante para darnos un rostro aparente, detrás do cal nos escondemos.

A máscara é falsa, pois non coincide coa realidade; é ríxida e illante; é o muro que nos impide chegar ás persoas e velas tal como son. Se o seu uso ficara reducido a estes días de xolda, ben. Mais o malo é que nos afacemos a levala de cote. É común este mal das caretas. É mal endémico este de aparentar e non ser. É difícil de curar, aínda que non imposible.

Se mantémo-las caretas é porque vemos que de momento axudan, aínda que só sexa de momento, pois hai que cambiala fecuentemente e é nestes cambios cando algunha vez se nos ve o engano.

O primeiro beneficio de andar polo mundo sen careta é para un mesmo, para o amigo, para o grupo e para a humanidaade enteira. Do contrario, se todos andamos con máscaras, enganando, a vida convértese nunha comedia, non saberemos distinguir entre farsa e realidade.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Tratas de vivir tal como cal es ou disimulas ante os demais? )Es sincero coas persoas coas que te relacionas e contigo mesmo?

Pensas dun xeito e actúas doutro ou actúas igual que pensas? Compórtaste segúndo as circunstancias nas que te atopas?

ORACIÓN

A miúdo vémonos mal por dentro.

Mais, a pesar de todo, Pai,

presentámosche os nosos bos sentimentos.

Recoñecemos que hai moitas cousas malas

en nós, mais queremos reconstruírnos

por dentro, cambia-lo noso corazón.

 

Anímanos no empeño, bótano-la túa man,

aléntanos cando nos desanimemos.

Que atopemos ese grupo de irmáns

co que poidamos camiñar xuntos,

para comunicárno-las experiencias

e axudarnos a vivi-la nosa fe.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!