OS DATOS DO DÍA
Mércores, 11 de Novembro de 2026
SAN MARTIÑO DE TOURS (11-XI)

No inverno do ano 334 cabalgaba Martiño polo portón da cidade de Amiéns cando se lle achegou un pobre, aterecido de frío, para pedirlle esmola. Como non levaba diñeiro, coa espada partiu a súa capa militar e regalou a metade ó irmán que lle imploraba.

Convertido á fe, tivo que sufri-la persecución dos arianos. O seu grande desexo de vivi-la vida relixiosa realizouse cando Hilario, bispo de Poitiers, o recibiu na súa diocese e lle brindou a súa amizade.

O seu pobo amouno coma a un pai, xa que estivo constantemente visitando as súas parroquias para predica-la Boa Nova e para axuda-los marxinados e perseguidos.

Cando chegou á vellez dirixíase frecuentemente a Deus coa seguinte oración: "Señor se o teu pobo aínda me precisa, non rexeito o traballo; pero fágase a túa vontade".

Este santo invítanos a comparti-las nosas cousas, o noso tempo, e, sobre todo, a totalidade do noso ser cos que poidan precisalo, cos marxinados e con aquel compañeiro de clase que precisa axuda de cada un de nós.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Es dadivoso ou cústache comparti-las túas cousas?

Compartes con frecuencia con aquel compañeiro que precisa da túa axuda?

ORACIÓN

Señor, a insolidariedade é unha tentación

de sempre, tamén de hoxe.

Miramos cara ás nosas necesidades,

gustos e caprichos... e dicimos:

"co meu fago o que me pete"...

Pero Ti disnos:

"Benaventurados os pobres de espírito"...

"Quen dea un vaso de auga por min"...

"A pobre muller botou máis ca todos,

porque botou do que precisa"...

"Hai máis ledicia en dar que en recibir"...

Non nos deixes ser escravos do diñeiro;

que non malgastemos en luxos.

Que sintámo-la obriga de compartir,

para que tódolos teus fillos gocemos dos teus bens.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!